CRTVG

Buscar

Lugo acolleu máis turistas neste agosto ca no do 2019

Publicado o 05/09/2021 20:58

Pasa das sete da tarde en Lugo capital e hai 31 graos de temperatura. Estamos no centro. As rúas están tranquilas pero animadas polos turistas, viaxeiros que buscan coñecer a Galicia do interior, un boom no que tivo moito que ver a declaración da muralla romana de Lugo como Patrimonio da Humanidade hai case 21 anos.

En agosto pasaron polas oficinas de turismo de Lugo 11.000 persoas máis ca no agosto prepandémico do 2019. Sen dúbida a gastronomía ten moito que ver.


Neste auxe do turismo en Lugo tamén influíu que cada día son máis os viaxeiros que chegan aquí atraídos polo Camiño de Santiago, ben porque están facendo o Primitivo ou ben porque van facer o Francés e dende Lugo desprázanse a Sarria

A catedral, o pasado romano e o presente dunha cidade tranquila, acolledora e repousada tamén son atractios para un turismo que busca espazos non masificados.

Estamos na primeira fin de semana de setembro e as previsións de ocupación hoteleira para o que queda de mes son altas; obviamente menores ca en agosto, pero nalguns casos superando as que había antes da pandemia.

Noticias web

05/09/2021