CRTVG

Buscar

Lugo acolle o único laboratorio galego para certificar máscaras hixiénicas

Publicado o 02/10/2020 14:00

A estes laboratorios de Lugo chegan mostras de toda España, e mesmo doutros países, para que certifique que as máscaras hxiénicas de protección cumpren tódalas esixencias sanitarias. É o único labortorio externo de Galicia que pode homologar estes equipamentos de protección, e para iso realiza varias probas.

Certifican tanto as dun só uso coma as reutilizables. Para todas elas recoméndanlles aos consumidores que analicen ben a etiquetaxe e non se deixen enganar, xa que ás veces atopamos máscaras que supostamente poden lavarse ata 60 veces, cando, en realidade, a súa vida útil non supera os cinco lavados.

Advirten tamén das máscaras hixiénicas cuxa etiqueta mesmo as equipara coas de filtro FPP2, algo que non é real.

Noticias web

02/10/2020