CRTVG

Buscar

Lugo acolle o milagre de San Vicente, con 300 litros de viño que manan da fonte

Publicado o 29/07/2019 21:32

En Lugo celebran hoxe unha singular tradición. Da fonte de San Vicente, situada na zona histórica da cidade, mana hoxe viño.

Obrouse o milagre e da fonte de San Vicente volveu manar viño. Fíxoo da man da Asociación Lugo Monumental e entre numeroso público. Veciños, turistas e peregrinos proban de balde este viño mencía e non paran de sacar fotos que circulan despois por numerosos países.

Un circuíto pechado de tubaxes aptas para uso alimentario está detrás desta singular tradición. San Vicente aliouse un ano máis con Santa Marta, a patrona do hostaleiros, para celebrar o seu día repartindo 300 litros de viño tinto.




 

Noticias web

29/07/2019