CRTVG

Buscar

Lugo, a provincia onde é máis barato alugar un piso

Publicado o 26/09/2019 21:01

Alugar unha vivenda en España custa de media 674 euros. Son os cálculos dun informe de Fomento, pero hai grandes diferenzas entre provincias. Os 819 euros de Madrid ou o 769 de Barcelona, que son as máis caras, quedan moi lonxe dos 336 euros que custa de media un alugueiro na provincia de Lugo. Sitúase como a máis barata, seguida de preto por Teruel e despois por Ourense.

Na rúa, e no que a prezos se refire, hai opinións para todos os gustos.

A nivel autonómico, Galicia figura como a comunidade máis barata, seguida de Castela e León, e á cabeza dos prezos máis caros seguen Madrid e Cataluña.
 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí