CRTVG

Buscar

Lucía Pérez ponlle voz á música medieval de Marco Foxo

Publicado o 10/06/2019 21:36

Presentouse hoxe en Monforte de Lemos o disco Romances novos e vellos, de Marco Foxo. Unha oportunidade para gozar da música medieval cantada para esta ocasión por Lucía Pérez.

É unha das composicións medievais incluída no disco Romances novos e vellos interpretados por Marco Foxo e outros músicos chegados de diferentes países. Lucía Pérez e Xabier Vizcaíno póñenlle voz a este Romance de Dona Ildara.

Ildara, filla do conde de Lemos, vivía aquí no castelo de Monforte, onde se presentou o disco, pero foi recluída ao castelo do Carbedo do Courel, onde seguía dende alí mirando polos máis necesitados. Música para escoitar sosegada e coñecer as nosas lendas.

Noticias web

10/06/2019