CRTVG

Buscar

Un ano de cárcere para unha viveirense tras ser xulgada por adoutrinamento terrorista

Publicado o 02/03/2020 08:33

A Audiencia Nacional condena a un ano de cárcere a Lucía Expósito, a muller de Viveiro xulgada por autoadoutrinamento terrorista por mor do seu achegamento ao Islam a través de Internet. A sentenza da Sala de Apelación, segundo adianta o xornal La Voz de Galicia, rebaixa a condena inicial que lle impoñía dous anos de prisión ao considerar mínimo o risco de que cometese algún acto terrorista, debido, entre outras cousas, á súa limitación psíquica. Lucía Expósito foi detida en xullo de 2019 tras ser investigada durante máis dun ano pola súa actividade virtual vencellada ao xihadismo. Buscaba información e propaganda do DAESH e asumía os postulados dos grupos xihadistas. Celebrou públicamente accións violentas e mesmo amosou intención de replicar en Galicia atropelos masivos.

 

Noticias web

02/03/2020

Máis sobre Viveiro