CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Lucas Pérez quere un Deportivo ambicioso: "Hai que salvarse canto antes"

Publicado o 14/09/2017 15:17

Lucas Pérez non tivo unha estrea plácida no seu regreso a Riazor. O dianteiro recoñece que aínda non está ao seu mellor nivel. Pídelles paciencia aos afeccionados pero el é o primeiro en crer nas grandes posibilidades que ten o equipo. Lucas pide calma e confianza. Para o coruñés, é cedo de máis para desconfiar do Deportivo. O ariete segue coa súa posta a punto. Asume que non está aínda á altura dos compañeiros. A afección devece por velo no seu mellor nivel. Para el, esa devoción popular non supón unha presión extra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí