Lucas Pérez e Joselu, o dúo dinámico galego que achega o Alavés a permanencia
Detrás desa aperta cómplice de Mendilíbar e Garitano se agochaba unha primeira parte de película de terror. Igual por iso se rían, a que lle espera os espectadores... Con dous equipos achuchados pola clasificación e inmersos nunha batalla de testosterona. Como sería que a única ocasión deste período chegou aos 44 minutos, esa de Ximo. E así, todos o descanso.
Menos mal pros seareiros que o do segundo tempo foi outra historia. Decisiva a entrada de Lucas. Con ela arrancou a segunda parte e co gol do coruñés. No primeiro balón que tocou. Un erro de Burgos, o saber facer de Joselu e a resolución de Lucas Pérez. Extraordinario o rendenmento da dupla Lucas, Joselu, claves na situación agora desafogada do Alavés. Non había fóra dew xogo e si unj toque final cheo de calidade de Lucas.
Pasada a hora de partido, Joselu volvía aparecer pro 2-0, agora de Burke. Reparen na manobra do de Silleda, deixando pasar o balón entre as pernas. Moita clase Joselu e moita coraxe a do Éibar. Nunca baixou os brazos. A súa pelexa deulle pra recurtar a sete minutos do final grazas a Orellana. 2-1 final en Mendizorroza. O Alavés está xa dez puntos por riba do Celta. O Éibar a sete.