CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Lucas decide para o Deportivo diante do Feirense

Publicado o 07/08/2016 15:00

O Deportivo, que o vindeiro martes xogará o Teresa Herrera ante o Vilarreal, disputou onte o seu último partido antes da presentación ante os seus afeccionados. Foi en Portugal, ante o Feirense. Os de Garitano gañaron cun gol de Lucas Pérez.

O Deportivo reviviu unha sensación coñecida, a de gañar cun gol de Lucas Pérez. Nun verán no que se falou máis da súa continuidade que do seu xogo, Lucas foi o capitán en Santa María de Feira e o factor decisivo. Diante dun recén ascenido á primeira disivisión lusa, o Deportivo convenceu. Na primeira parte foi a tiróns, cun activo Fayçal, que probou por dúas veces ao gardameta local.

Tamén o porteiro deportivista tivo traballo. Tyton fixo unha excelente parada a un remate dun dianteiro do Feirense que responde ao glamuroso nome de Platiny.

Lucas aportou constantemente e mereceu o gol. Chegou aos 12 minutos do reinicio, nunnha xogada na que o coruñés definiu perfectamente. Apoiouse nun bo entendemento cos dous xogadores de banda dereita, uns notables Bruno Gama e Juanfran. O madrileño reapareceu logo de tres semanas de lesión e exteriorizou o seu optimismo.

Disputou a segunda parte Andone, que pouco a pouco vai collendo ritmo. Participu en boas xogadas como esta na que se asocia con Carles Gil sen éxito final.

Garitano renovou practicamente o seu once nos 20 minutos finais, con menos ritmo, nos que Lux tivo que empregarse sen demasiados agobios para garantir o triunfo. O Deportivo levou para a casa o prmeiro trofeo Terras de Santa María.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí