CRTVG

Buscar

Lucas, a historia de amor invencible nunha canción a que lle pon letra Luz Casal

Publicado o 16/03/2018 21:58

Lucas' é o título dun libro en que unha nai lembra o fillo que perdeu cando só tiña seis anos. Unha historia conmovedora, chea de luz e de amor, que agora Luz Casal acaba de converter en canción. De seguro que será un dos temas máis aplaudidos no seu concerto de mañá en Vigo.

Así sona a historia de Lucas....... Luz Casal ponlle letra e música ao libro da viguesa Mar Nieto, que conta a historia do seu fillo, falecido con só seis anos. Para escribilo quixo recoller os puntos de vista de todos os que coñeceran a Lucas. Unha das amigas do cativo foi o nexo de unión coa cantante.

Nesta camiño que comezou hai anos para escribir a súa historia de amor, Mar contou con moitos aliados, entre eles a dunha editora disposta a apostar por Lucas.

Luz Casal actúa este sábado en Vigo e as entradas xa se esgotaron. Entre o repertorio estará esta fermosa canción da historia de Lucas.

Noticias web

16/03/2018