Luca Chao: "Que hoxe a dirección de En Marea non representa a pluralidade política sábeo todo o mundo"
Luca Chao, deputada no Parlamento Galego de Podemos, ata o de agora integrando a formación de En Marea, dixo no Bos Días que non se "poden sinalar cabezas de turco" para culpar a ninguén da ruptura do grupo. "Que hoxe a dirección de En Marea non representa a pluralidade política sábeo todo o mundo", asegurou Luca Chao.
"Os problemas comezaron hai ano e medio ou dous anos", afirmou. "No último plenario había dous proxectos: un de colaboración coa esquerda estatal e outro de volta ao nacionalismo. Nós entendemos que o primeiro vai representar a unha maioría social", afirmou.
"Agora ábrese un período de reflexión, para que sexa o máis fiel ao proxecto o político que temos entre mans que En Marea xa non representa", dixo Chao. En canto á posibilidade de perder o senador nomeado en representación autonómcia en favor do Partido Socialista pola ruptura na formación afirmou que "sería unha mágoa e unha decepción" e instou ao grupo de Villares a reflexionar.