CRTVG

Buscar

Últimos preparativos en Ares para extraer o combustible dos tanques do Blue Star

Publicado o 29/11/2019 15:49

Aínda non comezaron a bombearse esas máis de 100 toneladas de combustible, gasoléo e fuel que se mesturaron para facer máis sinxela a extracción coas mangueiras debido á densidade do fuel. É o paso previo ao intento de remolcar o quimiqueiro que quedaba varado en Ares hai unha semana.

O ministro de Fomento asegurou nas últimas horas que os tanques do barco estarían baleiros o próximo luns. A subdelegada do Goberno na Coruña, que visitou hoxe a zona, non quixo desmentilo, pero advertiu de que todo vai depender das dificultades que ofreza a maiores a meteoroloxía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/11/2019