CRTVG

Buscar

Últimos días para visitar o belén de Valga, que o domingo pechará as súas portas

Publicado o 10/01/2019 18:32

A pesar de que o Nadal xa quedou atrás, aínda estamos a tempo de visitar algún belén. É o caso do de Valga, que estará aberto ata o domingo. Despois só poderá visitarse con reserva previa.

Os nenos do colexio Domingo Fontán de Portas visitaban hoxe o belén artesanal de Valga. Máis aló das figuras tradicionais, os nenos atopaban tamén outros atractivos.

Só quedan uns días para que o belén peche as súas portas. Farao o domingo. Despois só será posible visitalo con reserva previa.

En outubro pecharán temporalmente para incorporar as novidades do próximo Nadal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019