CRTVG

Buscar

Últimos días para solicitar o voto por correo

Publicado o 29/06/2020 14:55

Se queren votar por correo nestas eleccións ao Parlamento galego, o prazo para solicitalo remata esta  semana.

Si, o xoves é o último día para pedir o impreso en calquera oficina de Correos ou solicitalo a través da web. Para facelo, hai que levar o DNI ou, no seu defecto, permiso de conducir ou pasaporte. O voto pódese entregar ata o 10 de xullo.

Para os que opten por acudir a votar o 12 de xuño, lembren que se extremaron as medidas de seguridade nos colexios por mor da covid-19. Accederase con máscara, haberá circuítos diferenciados de entrada e saída, e os maiores terán preferencia nos colexios. 

 

Noticias web

29/06/2020