CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Últimos dias da campaña electoral na Arxentina

Publicado o 21/10/2015 21:32





A Arxentina prepárase para afrontar as eleccións presidenciais sen Cristina Fernández como candidata á reelección, e coa cidadanía pendente dunha economía en recesión e dunha inflación en alza. De momento, segundo as enquisas, os indecisos poderían ser decisivos.

Últimos días da campaña para escoller ó que será o novo presidente da Arxentina despois de doce anos de goberno kirchnerista. O oficialista Daniel Scioli, o conservador Mauricio Macri e o disidente peronista Sergio Massa, lideran as sondaxes. A gran incógnita é saber se Scioli será vencedor en primeira volta o vindeiro domingo, para o que a porcentaxe de indecisos, entre un 5 e un 10% segue a ser vital.

"Ya no se trata del indeciso que llega sin saber a quién va a votar, sino de alguien que votó de una manera el 9 de agosto y que el 25 podría votar de otra manera", asegura Rosendo Fraga, analista político.

A sociedade afronta os comicios cunha man no bolsillo, a causa da incertidume que provoca unha economía en recesión e unha inflación superior ó 30%.

"El peso no vale, no vale nada. Los sueldos no están acorde al consumo que se debe hacer. La gente está empeñándose hasta el último en las tarjetas", opina unha cidadá arxentina.

"La economía, por más que la maquillen, está muy mal, pero también hay que pensar que la oposición no existe y fueron todos socios", di outro.

A cidadanía chega esgotada á xornada electoral despois de seis citas cas urnas nos últimos sete meses.

Scioli, Macri ou Massa. Segundo os expertos, o novo presidente da Arxentina deberá lidiar cun contexto complexo e tomar medidas urxentes e de custo para paliar, entre outros, a inflación ou a caída das reservas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

21/10/2015