CRTVG

Buscar

Último día para presentar a declaración da renda

Publicado o 30/06/2020 14:26

Poucos clientes na xestoría, pero moito traballo nas oficinas. Os empregrados preparan as últimas declaracións da renda para presentalas xusto o día en que remata o prazo. Sempre hai algo que queda para o final, e máis este ano.

José Liñares, xerente de Liñares Asesores, coméntanos que este ano, coas restricións que houbo, cando Facenda decidiu reducir os prazos á metade, "loxicamente repercutiu porque moitos clientes recorreron ás xestorías cando outros anos facían as declaracións en Facenda".

As xestorías tiveron máis traballo e nunhas condicións complicadas. "Empezamos en abril a chamar os clientes para que nos foran traendo as cousas, porque había que ter precaucións coa documentanción que se traía", dinos Liñares.

E así conseguiron sacar adiante esta campaña. En total, a Axencia Tributaria conta con que se presenten máis de 20 millóns de declaracións.

Delas, uns 14 millóns e medio con dereito a devolución, por preto de 10.700 millóns de euros, e máis de 5 millóns e medio de declaracións con resultado a ingresar, por un importe de case 12.800 millóns.

Noticias web

30/06/2020