Último día para mercar a lotería de Nadal
Último día para mercar lotaría de Nadal. A pandemia fixo descender as vendas arredor dun 30 por cento, sobre todo polo peche dos bares e a suspensión das festas.
Manuel Carracedo e a súa irmá rexentan esta administración de lotaría, a número 23, de Vigo "Tu suerte".
Neste 2020 perderon de vender porque debido ao coronavirus non houbo festas populares nin actividades deportivas nin abriu con normalidade a hostalaría, tres puntos de venda da lotería de Nadal por excelencia despois das administracións.
Un ano calquera case toda esa lotaría de Nadal estaba vendida a fins de novembro. Este ano, tres días do gran sorteo do ano, o do día 22 de decembro, si se nota movemento nas administracións.
Porque o proverbio di que as penas doen algo menos cos petos cheos.