CRTVG

Buscar

Último día de mercado frenético no Deportivo con seis movementos

Publicado o 31/01/2020 22:03
Último día de mercado frenético no Deportivo con seis movementos

O último día de mercado do Deportivo está a ser frenético. Dende primeira hora da mañá sucedéronse os movementos que deixarían un plantel cunha configuración moi diferente á que principiou a temporada.

FICHAXES

-Keko Gontán. O interior de 28 anos chegaría procedente do Málaga onde tivo moi pouca participación esta temporada. Un xogador cunha traxectoria contrastada que pasou polo filial do Atlético de Madrid, Catania de Italia, Eibar, Málaga e na 2018-19 estivo no Valladolid. 

-Jovanovic. Porteiro serbio de 27 anos que militou no Huesca. A temporada pasada en Primeira División disputou 12 partidos como titular pero nesta estaba eclipsado por Álvaro. 

SAÍDAS

-Lampropoulos. O central grego vaise a Alemaña. Xogará a segunda parte da temporada no Bochum.

-Longo. Remata antes de tempo a cesión do dianteiro italiano que volta o seu país e marcha cedido o Venezia. 

-Koke Vegas. A última hora confirmouse a saída do habitual suplente de Dani Giménez cara o seu club de orixe, o Levante. 

-Borja Galán. Sen minutos dende a chegada de Vázquez foi reclamado por Cristóbal Parralo, o seu mentor no Fabril e no Alcorcón, para incorporarse o Rácing de Santander.