Último día da Festa do Boi en Allariz
Publicado o 23/06/2019 14:32
Nove días levan de festa en Allariz, pero non decae o ánimo nin a música deixa de soar.
A medida que se achega o momento das carreiras a praza maior convértese nun fervedoiro de xente.
Son días intensos para os homes do sedeño, os encargados de coidar e guiar o boi durante as carreiras polas rúas da vila.
En apenas quince minutos o boi entra e sae da praza e remata a carreira. Algún susto e moitos nervios, todo segundo o previsto. A festa remata hoxe co maratón do boi e a despedida do Xan de Arzúa.