CRTVG

Buscar

Último chanzo do Básquet Coruña para xogar a gran final (mércores, 21:00, G2)

Publicado o 07/06/2021 11:45

O Leyma superou o Granada en tres dos catro cuartos do partido, pero non abondou. Os trece puntos que colleu o cadro andaluz no primeiro acto foron insalvables.

A falta de concentración dos locais nos primeiros minutos facilitaba moitos tiros desde o perímetro. Os visitantes chegaron a anotar ata trece triplas. Costa, Díaz e Bropleh castigaban continuamente a defensa coruñesa. 

No segundo cuarto medrou a intensidade defensiva dos de Sergio García.

Oito arriba Granada ao descanso. Apareceron os tiradores para ir recortando a desvantaxe nazarí. Pero sempre que o necesitaron os granadinos puideron contar coa contribución de Broleph que anotou 25 puntos, tamén en dobres díxitos estiveron Bortolussi e Costa.

Coa afección empurrando, puideron entrar algo máis dun milleiro de espectadores, Dago Peña foi anotando con certas intermitencias,  Vega tamén aportaba en tarefas ofensivas e Nuogbo conseguía trece puntos. Eles foron os únicos no cadro herculino que estiveron por riba dos dez puntos.

No treito final do encontro os xogadores do conxunto galego tiraron de orgullo e mesmo tiveron ao Granda a tiro de pedra, pero foi unha miraxe. O mércores, último chanzo en Granada para meterse na gran final.

Noticias web

07/06/2021