CRTVG

Buscar

Derradeiro adeus no Congreso ao ex-secretario xeral do PSOE, Alfredo Rubalcaba

Publicado o 11/05/2019 13:59

Ás nove da mañá volveu abrir ao público a capela ardente do ex-secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, instalada na sala dos Pasos Perdidos do Congreso. Permanecerá aberta ata as dúas da tarde para que a cidadanía poida renderlle unha derradeira homenaxe.

Ás oito e media da tarde o coche fúnebre paraba na escalinata da Porta dos Leóns e o féretro de Pérez Rubalcaba era portado pola policía do Parlamento ante a familia, amigos e autoridades do Estado. Alí agardaba o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, que xa se trasdalara antes ao hospital.

Ás nove chegaron os Reis, que acompañaron a viúva do ex-vicepresidente do goberno, de quen destacaron o seu “sentido de Estado” e a “súa vocación de servizo a España”.
Personalidades de todo o arco parlamentario quixeron darlle tamén o derradeiro adeus a última hora de onte. Pedro Sánchez decretou loito oficial ata esta medianoite.

Foron moitas as autoridades que quixeron deixar mensaxes de agarimo a Rubalcaba asinando no libro de condolencias. Antes de abandonar a Cámara Baixa, o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, dedicaba unhas últimas palabras ao seu ex-compañeiro nas que lembraba a Manuel Azaña. Asinaban tamén no libro de condolencias Ana Pastor ou Carmen Calvo, entre moitas outras autoridades.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/05/2019