CRTVG

Buscar

ÚLTIMAS NOTICIAS. A CIG pide protexer traballadores expostos ao virus e pechar empresas inseguras

Publicado o 16/03/2020 12:30
ÚLTIMAS NOTICIAS. A CIG pide protexer traballadores expostos ao virus e pechar empresas inseguras

 

Pontevedra repartirá kits de comida para familias vulnerables con menores

O Concello de Pontevedra anunciou este luns que repartirá kits de comida para atender as necesidades alimenticias do centenar de menores en situación vulnerable que se quedaron sen o servizo de comedor escolar.

A portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, explicou a repartición desta comida, a través de paquetes que son "perfectamente seguros" e entregaranse a través do comedor social de San Francisco.

Para iso, engadiu, haberá unha coordinación por parte de Policía Local e Protección Civil.

A CIG pide protexer traballadores expostos ao virus e pechar empresas inseguras

O líder do sindicato CIG, Paulo Carril, reclamou este luns máis protección para os traballadores expostos a contraer o coronavirus, entre os que citou aos do sector da saúde pública e aos establecementos de subministración de produtos alimentarios, e a pechar aquelas empresas que non respecten os protocolos de seguridade.

Nunha conferencia de prensa virtual esta mañá, cuxo contido foi divulgado por CIG, Carril afirmou que o custo económico da declaración de situación de alarma adoptada polo Goberno central "non puiden recaer na clase traballadoras nin tampouco nas empresas".

Na súa opinión, o Goberno central debería constituír un fondo especial para responder á situación de alarma e á vez reforzar a vixilancia para evitar abusos.

Santiago prohibe a venda de billetes de bus e mantén a Praza de Abastos

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, informou este luns de que a partir do próximo xoves suprimirase o pago en efectivo e a venda de billetes no transporte urbano e de que a Praza de Abastos manterase aberta, xa que entende que debe ter un trato semellante a outras grandes superficies.

Deste xeito, os abonos e tarxetas para o servizo de transporte urbano -cuxo aforo se limitou a un terzo do total e cuxos percorridos se poderán modificar atendendo á demanda nestes días- só se poderán adquirir na estación de autobuses e noutros puntos habilitados en toda a cidade.

O Parlamento galego inicia este luns o teletraballo

O Parlamento de Galicia, atendendo ás instrucións do Goberno central e da Xunta de Galicia para frear a propagación do coronavirus, activou desde este luns o teletraballo co fin de limitar ao mínimo imprescindible a presenza física de persoal na sede da institución.

A Presidencia da Cámara acordou que, a pesar de que a actividade ordinaria da Cámara se interrompeu o 11 de febreiro tras a convocatoria de eleccións, desde este luns "ningunha persoa allea ao Parlamento poderá acceder á sede do Pazo do Hórreo".

Ao tempo, desde a Presidencia pediuse aos grupos parlamentarios que activen o teletraballo do seu persoal, limitando a presenza física no Pazo do Hórreo ao máximo e, en todo caso, a un máximo dun traballador por grupo político.

Así, o rexistro do Parlamento de Galicia seguirá funcionando con normalidade na modalidade telemática a través da sede electrónica da institución, pero non prestará atención presencial.

Cinco mozos denunciados en Vigo por ignorar o estado de alarma

A Policía Local de Vigo denunciou cinco mozos que ignoraron as medidas impostas polo estado de alarma por mor da pandemia por coronavirus.

Segundo informaron este luns fontes policiais, unha dotación do corpo atopou onte á noite, pouco despois da unha da mañá, na rúa Pizarro catro mozos, dous deles menores, que estaban a escoitar música e sentados no acceso á zona peonil do aparcadoiro do centro comercial.

Os axentes preguntáronlles se eran coñecedores da limitación á liberdade de circulación con motivo do estado de alarma por crise sanitaria, ao que responderon que si, e dixeron que estaban a pasar o tempo.

Todos eles son veciños de Vigo e foron propostos para sanción por infrinxir o Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo: "Estado de alarma por crise sanitaria polo Covid-19".

Tamén foi proposto para sanción un mozo de 25 anos que regresaba nunha motocicleta ao seu domicilio tras estar na casa dun amigo e que saíu da vía á altura do número 359 da avenida de Castrelos.

O resultado da proba de alcoholemia deu un resultado que alcanzaba a cualificación de delito.