CRTVG

Buscar

Últimas horas para que os nenos acheguen a Correos as cartas aos Reis Magos

Publicado o 03/01/2019 16:42

Xa queda pouco para unha das noites máis máxicas do ano. Unha das máis agardadas, especialmente polos pequenos da casa, que de seguro apuran estes días as cartas coas súas peticións aos Reis Magos. Nas oficinas de Correos non paran estes días, para facerlles chegar ás súas Maxestades os desexos dos cativos.

Son os emisarios dos Reis Magos e deles depende que as cartas cheguen ao seu destino en Oriente. En toda Galicia instaláronse este Nadal nas oficinas 40 caixas de correos especiais, pero os cativos poden botar as súas cartas en calquera das situadas na rúa.

A estas caixas de correos especiais chegan os cativos con moita ilusión, e coa esperanza de veren cumpridos os seus desexos.

Todas as cartas que se botan nestas caixas de correos viaxan cheas de maxia ata Oriente. Se aínda non escribiron a súa, apuren, porque o 5 é o último día que se recollen. Así que deanse présa, que os Reis Magos case veñen de camiño.
 

Noticias web

03/01/2019