CRTVG

Buscar

Últimas horas para mercar lotería de Nadal, con ringleiras nas administracións

Publicado o 21/12/2020 14:49

Nestas últimas horas, para atopar o número da sorte, vexan as ringleiras que se forman ás portas de moitas administracións galegas de lotería. Unha proba de que, malia que baixaron as vendas, a campaña do sorteo do Nadal non foi tan mala.

Piden terminacións para todos os gustos, pero neste ano de pandemia hai unha clara favorita.

Este ano gastaremos 66 euros, algo menos ca o ano pasado, pero un euro por riba da media española.

E algúns xa teñen claro onde van ir eses cartos se mañá a fortuna chama ás súas portas.

Lugo é a provincia galega onde máis gastan neste sorteo, case dez euros por riba da media. Galicia, con 180 millóns de euros, é a sexta comunidade española onde máis se xoga.

Noticias web

21/12/2020