CRTVG

Buscar

Rapa das bestas, viño, conserva ou Istoria pechan as festas de agosto en Galicia

Publicado o 29/08/2021 14:37

Dun espectáculo único é do que puideron gozar hoxe os asistentes á rapa de Sabucedo, declarada festa de interese internacional. Un evento que se está adaptando, coma todos, aos novos tempos, con tests de antíxenos para os aloitadores

Douscentos cabalos medíronse fronte a setenta homes e cumpriron co rito ancestral de cortar o pelo das bestas.

Menos xente atopamos na Festa do Viño de Salvaterra, con catas comentadas e un túnel do viño en que os amantes do viño puideron gozar devagar dos exquisitos caldos das Rías Baixas.

Unha boa conserva é un gran acompañamento para eses viños, iso é o que o ofreceron na segunda Feira da Conserva de Vilanova.

Tamén ofrece unha imaxe distinta este ano a Festa da Istoria de Ribadavia, unha das máis agardadas do verán galego, nesta edición sen maravedís e sen voda xudía. Eventos de pequeno formato dos que puidemos gozar outra vez neste segundo estío da pandemia.

Noticias web

29/08/2021