CRTVG

Buscar

Última xornada no Festival da Luz

Publicado o 09/09/2018 18:22

Músculo, Sr. Chinarro, Christina Rosenvinge...son unha parte dos artistas que hoxe se poden escoitar no Festival da Luz. Entramos xa nas últimas horas.

Será Seguridad Social o grupo que peche esta edición do Festival da Luz. Máis de 40 artistas e público ben variado xuntáronse ao longo de tres días en Boimorto. A aldea de Andabao, a carón da casa de Luz Casal, convértese nunha sala de concertos ao aire libre e desta hora a xente dálle a despedida a este ano que xuntou a artistas como Love of Lesbian, Sex museum ou Andres Suárez. A recadación deste ano estará destinada á loita contra os incendios. 

Noticias web

09/09/2018