Última semana de campaña en Cataluña, con incertezas na participación e no resultado
Publicado o 08/02/2021 11:03
Incerteza en Cataluña unha semana antes da celebración das eleccións. A maior preocupación ten que ver coa constitución das mesas electorais. Ata o momento, o 99 % das mesas teñen membros para poder constituírse.
Hai a posibilidade de non dar a coñecer os resultados se non se constitúe o número suficiente de mesas.
O voto por correo aumentou un 350 % con respecto aos anteriores comicios.
Continúa a publicación de enquisas, que reflicten un empate entre o Partido Socialista de Cataluña e Esquerra Republicana. No resultado final vai ser determinante a abstención, que se prevé moi alta.