CRTVG

Buscar

O Deportivo destitúe a Fernando Vázquez

Publicado o 11/01/2021 14:59
O Deportivo destitúe a Fernando Vázquez

O Consello de Administración do Real Club Deportivo comunicou hai uns minutos ao seu técnico, Fernando Vázquez, que non continuará dirixindo ao equipo, rescindindo deste xeito o contrato que vincula a ambas as partes. Xunto ao adestrador de Castrofeito tampouco continuará no Club o seu corpo técnico.

O Consello de Administración quere agradecerlle a Fernando e o seu equipo "o duro traballo desenvolvido nesta segunda etapa á fronte do equipo tras aceptar o reto maiúsculo hai un ano de tratar de salvar a situación deportiva na que se atopaba a institución e facelo antepoñendo en todo momento a ilusión, a motivación e a unión de todo o deportivismo fronte ás dificultades que se foron sucedendo"