CRTVG

Buscar

A Revista

'Loving Vincent', a primeira película da historia pintada ao óleo

Publicado o 12/01/2018 13:29
Este venres, 12 de xaneiro, estréase unha experiencia cinematográfica única, onde cada fotograma é un cadro.

Trátase de 'Loving Vincent', a primeira película da historia pintada ao óleo chega á gran pantalla baixo a dirección da polaca Dorota Kobiela e o británico Hugh Welchman.
O filme repasa a vida persoal e profesional do pintor Vincet Van Gogh a través das súas obras e das cartas que lle escribiu ao seu irmán dende Francia. Unha imaxe tras outra ata chegar ás 65.000, pintadas por 125 artistas de diferentes países.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

12/01/2018