Losada: "O pazo de Meirás non está en condicións para usarse"
Publicado o 03/03/2021 13:02

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, asegurou este mércores que o pazo de Meirás "non está en condicións" de poder albergar ningún tipo de actividade, pois "estamos ao arrombar".
Tras a negativa do Goberno a que a entrega das Medallas Pardo Bazán se celebre o luns nos xardíns do inmoble, Losada aclarou esta mañá que o Executivo lle explicou á Xunta que tanto a parte exterior como ao interior están en obras.
"Se non hai ningún problema, noutros momentos poderanse usar as instalacións", detallou o delegado, que subliñou que o pazo de Meirás "ten unhas cautelas moi importantes desde o punto de vista xurídico". Así, indicou que a Dirección Xeral de Patrimonio "ten que velar por iso".