CRTVG

Buscar

Fernández Lores volverá ser alcalde de Pontevedra, aínda que o BNG perde un edil

Publicado o 27/05/2019 17:23

Será o sexto mandato consecutivo de Fernández Lores en Pontevedra, a pesar de que o BNG perde un concelleiro. A Marea de Pontevedra desaparece, o Partido Popular sae reforzado e a pregunta que queda no aire na cidade do Lérez é se haberá pacto de goberno co PSdeG, que tamén gaña un concelleiro.

Así queda a corporación municipal de Pontevedra. Miguel Anxo Fernández Lores recunca como alcalde. Cualifica os resultados do BNG como un éxito, e iso a pesar de que había enquisas que lle daban a maioría absoluta. Finalmente, perde un concelleiro, e queda con once: algo que atribúe ao conflito por ENCE.

O Partido Popular sobe de sete a nove concelleiros.

Os socialistas pontevedreses tamén medran. Cun edil máis serán a chave do goberno.

Ciudadanos iguala os seus resultados de 2015 e mantén un edil, unha cara nova na corporación: Goyo Revenga, que toma o relevo de María Rey.

E desaparece da corporación a Marea de Pontevedra. O seu cabeza de lista atribúello á ruptura do espazo de unidade popular.

E é que a suma dos votos das dúas listas en que se presentaron na cidade darían para manter os dous concelleiros que tiña a Marea de Pontevedra na anterior lexislatura.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/05/2019