CRTVG

Buscar

Lorenzo Sanz falece por coronavirus

Publicado o 21/03/2020 22:28
O expresidente do Real Madrid finou aos 76 anos
Lorenzo Sanz falece por coronavirus

Lorenzo Sanz felexeu este sábado por coronavirus, logo de ingresar o pasado martes nun centro hospitalario. O expresidente do real Madrid levaba oito días con febre alta.

Nado en 1943, Lorenzo Sanz foi o máximo mandatario do Real Madrid entre 1995 e 2000. Sucedeu a Ramón Mendoza e perdeu unhas eleccións diante de Florentino Pérez.

O seu éxito máis destacado foi a sétima Copa de Europa do club branco, en 1997, rachando máis de 30 anos de seca na máxima competición europea.

Noticias web

21/03/2020