CRTVG

Buscar

López non desbota que se poida chegar a unha intervención militar

Publicado o 03/05/2019 15:07

As protestas dos últimos dous días contra Nicolás Maduro cobráronse xa a vida de catro persoas. nA oposición acúsao de actuar como un criminal porque dúas delas eran mozos de 14 e 16 anos que recibiron un tiro no tórax.

Leopoldo López explicou ás portas da embaixada de España, onde está refuxiado, que é urxente sacar a Maduro do poder para evitar que a xente siga morrendo nas rúas.

A oposición marchará mañá cara ás principais unidades militares do país convencida de que Maduro xa non ten nos cuarteis o apoio do que presume. López cre que Maduro está cada vez máis só.

Pero Maduro fixo nas últimas horas unha nova demostración de forza para deixar claro que conta coa lealdade do exército. Os líderes opositores cren que os militares, máis tarde ou máis cedo, deixarán caer a Maduro.

 

Noticias web

03/05/2019