CRTVG

Buscar

Lopetegui: "Non hai partidos amigables senón internacionais"

Publicado o 10/11/2017 22:35

O partido, preparatorio para o Mundial 2018, dispútase mañá ás nove e media da noite. É a terceira vez que se miden os dous conxuntos. España gañou un pola mínima e empatou outro. Será por iso que Lopetegui non quere falar de amigable, senón de encontro internacional. 

Lopetegui asómase á primeira ventana FIFA coa ilusión de vencer, pero sobre todo, de convencer ante Costa Rica, un rival que lle creou moitos problemas as dúas veces que se enfrontaron. O partido será especial para o malagueño Isco quen volta a Rosaleda nun gran estado de forma.

Outro dos homes que atravesa por un bo momento é Jordi Alba quen recoñeceu beneficiarse ofensivamente da marcha de Neymar. Mentres, Aspas e Iniesta adicáronse a quecer de xeito confidencial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2017