CRTVG

Buscar

Longas ringleiras nas inmobiliarias para atopar piso en Santiago

Publicado o 01/07/2021 16:15

As inmobiliarias de Santiago non dan feito. Dende primeira hora, fórmanse longas ringleiras de estudantes á procura dun piso para o vindeiro curso. 

O sector asegura que a oferta de aloxamento para o alumnado universitario diminuíu nos últimos anos porque moitas das vivendas se reconverteron en pisos turísticos.

Esta redución fai que a tarefa de atopar piso non sexa doada. Segundo o estudantado, atopar un inmoble en boas condición supón un importante desembolso económico.

Noticias web

01/07/2021