CRTVG

Buscar

Longas ringleiras nas gasolineiras da raia loga dunha semana de folga de transportistas en Portugal

Publicado o 18/08/2019 16:59

Unha semana despois de que comezara a folga de transportistas de mercadorías perigosas en Portugal o optimismo invade o sector, que considera que esta tarde se podería desbloquear a folga na xuntanza prevista ás catro da tarde en Lisboa, hora portuguesa.

Mentres, as gasolineiras españolas da fronteira seguen facendo o seu agosto.

 

As imaxes falan por sí soas, nesta gasolineira de Tui non teñen tregua este domingo. Non paran nin para atendérmonos.Todo o contrario pasa do outro lado, a primeira gasolineira de Valença ten un aspecto decadente case abandonado aínda que non quedou sen combustible. O seu propietario confía en que esteamos a escasas horas de rematar a folga aínda que non queira falar a cámara. Ás catro da tarde hora portuguesa está convocada unha xuntanza entre as partes en Aveiras de Cima, a escasos quilómetros de Lisboa.
Tamén hai abonda actividade nestoutra estación de servizo de Tomiño onde habitualmente respostan moitos portugueses, unha cifra que se víu incrementada estes días.


tots


Na cuarta xornada da folga de transportistas de mercadorías perigosas un dos sindicatos convocantes, o minoritario desconvocou a folga xa que chegou a un acordo coa patronal. Agora moitos confían que esta tarde o outro convocante, o Sindicato Nacional de Motoristas de Matérias Perigosas faga o propio e Portugal poda ir recuperando a normalidade do fornecemento nos vindeiros días.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/08/2019