CRTVG

Buscar

Longas ringleiras na Porta Santa e afluencia masiva de visitantes a Santiago

Publicado o 16/05/2021 15:01

Os peregrinos que chegaron a Santiago, igual que os turistas e veciños, devolvéronlle á capital galega imaxes de antes da pandemia. As ringleiras na Porta Santa tiñan dimensións nunca vistas no que vai de ano.

A fin do estado de alarma notouse este domingo co incremento de visitantes na contorna da catedral, tanto na Praza da Quintana coma no Obradroiro. E os que cruzaron a Porta Santa atoparon no interior da Catedral un atractivo engadido: a parroquia da Corticela reabriu despois dunha fonda restauración.

Recuperou o culto esta mañá cunha cerimonia litúrxica presidida polo arcebispo de Santiago e, por primeira vez na historia, repicaron as dúas campás.

Noticias web

16/05/2021