CRTVG

Buscar

Longas ringleiras fronte aos laboratorios de análises privados en Barcelona

Publicado o 21/12/2020 16:35

En Barcelona rexistráronse colas de ata catro horas fronte os laboratorios de análises privados para facer probas PCR antes do Nadal.

Os motivos son variados, dende xente que recoñece que o fai para ir pasar as festas á casa de familiares con certa seguridade ata os que teñen pensado viaxar ao estranxeiro.

Nestes laboratorios, as probas PCR teñen un prezo de 130 euros, 30 máis se dan o resultado en 24 horas.

Noticias web

21/12/2020