CRTVG

Buscar

Longas ringleiras de xente nas pastelerías agardando para mercar o roscón de reis

Publicado o 06/01/2020 13:36

Vexan esta tremenda ringleira de xente nunha rúa da Coruña. E non , non están agardando por unhas rebaixas adiantadas, agardan para poder mercar o roscón de reis. Algúns mesmo máis de unha hora. Os máis experimentados xa veñen preparados para a espera.

Longas ringleiras que hoxe se repiten nas pastelerías galegas con máis son. Malia a espera a madruga e o frío, a maioría conincide en que paga a pena.

Caras de satisfacción entre os que saen xa cos seus roscóns, porque todo traballo é pouco para facerse con este doce que hoxe non pode faltar nas sobremesas deste día de reis.

Noticias web

06/01/2020