CRTVG

Buscar

Longas ringleiras de vehículos portugueses en Huelva ou Badaxoz pola folga dos transportistas lusos

Publicado o 12/08/2019 19:11

Os efectos da folga en Portugal non só se notan en Galicia. Noutras provincias como Huelva ou Badaxoz repítense as mesmas imaxes: longas ringleiras de vehículos portugueses que cruzan a fronteira para repostar en España. A operación é bastante habitual ao longo de todo o ano porque os combustibles son máis baratos na península, pero hoxe o número de condutores que atravesaron a España multiplicouse.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2019