CRTVG

Buscar

Longa noite de calor en Ourense, con mínimas que non baixaron dos 21 graos

Publicado o 23/07/2019 16:48

Foi longa esta noite en Ourense. Longa noite de calor. Ás doce e media da madrugada os termómetros marcaban aínda 28 graos e non corría miga de aire.

E é que cunha temperatura que non baixou dos 21 graos poucos remedios funcionaban. Hoxe baixan algo as máximas pero a sensación de bochorno é abafante polo vento húmido do oeste. Descenden as mínimas tamén, ata seis graos en Ourense, e volven as nubes e volverá a haber queixa, nunca chove a gusto de todos.

Noticias web

23/07/2019