CRTVG

Buscar

Londres e Bruxelas reabren as conversas sobre o 'brexit'

Publicado o 07/02/2019 21:42

As reunións da primeira ministra británica cos presidentes da Comisión, do Consello e do Parlamento foron tensas, pero a desesperación de Londres e dos 27 socios europeos lévaos a darse unha nova oportunidade. Non para seguir xuntos, si para tratar de pactar un divorcio de consenso.

A primeira ministra británica segue pedindo cambios na salvagarda da fronteira entre as dúas Irlandas, na capital comunitaria insisten en que non é posible modificar o texto pactado pero seguen deixando a porta aberta a buscar outras alternativas que acaben cun 'brexit' o menos traumático posible.

Noticias web

07/02/2019