CRTVG

Buscar

Londres di que a subministración de vacinas ao Reino Unido está garantida

Publicado o 28/01/2021 17:02

Os británicos din que esa disputa europea polas doses, coa farmacéutica AstraZeneca, non vai afectar o seu plan de vacinación.

En declaracións á BBC, o ministro Michel Gove dixo que debe respectarse o calendario de entrega de vacinas, e preguntado por se o Goberno británico permitiría que as súas vacinas foran desviadas cara á Unión Europea, respondeu cun rotundo non.

Segundo as cifras oficiais, máis de 7 millóns de británicos recibiron xa a primeira dose da vacina e as autoridades sanitarias esperan ter vacinado o dobre de persoas a mediados de febreiro.

O Reino Unido comunicou na última xornada 1.725 falecidos por coronavirus, a segunda maior cifra desde o inicio da pandemia.

Noticias web

28/01/2021