Loito pola morte do antropólogo Staffan Mörling, o Sueco de Ons
Publicado o 29/05/2020 17:10
Chegou a Galicia na procura de materiais para o estudo da antropoloxía e atopou nas dornas e as súas similitudes cos 'drakkars' viquingos, a clave dun libro capital para a cultura mariñeira: As embarcacións tradicionais en Galicia.
Mañá celébranse en Suecia os funerais por Staffan Mörling, que faceleu o pasado día 12.
Coñecido popularmente como o Sueco de Ons, Mörling atopou en Galicia a súa dona Josefa Otero, unha veciña da illa, e atopou tamén un país que fixo seu.
Deixa unha valiosa documentación: as fotografías e películas realizadas co seu irmán conservan a memoria da Illa de Ons, dos seus costumes e dun xeito de vida que desde este mes de maio desapareceu un pouco co falecemento de Staffan Mörling, o Sueco de Ons.