CRTVG

Buscar

Loito oficial en Vigo polo falecemento do ex-alcalde Manoel Soto

Publicado o 28/11/2019 21:28

Vigo decretou dous días de loito oficial polo pasamento de Manoel Soto, o seu primeiro alcalde en democracia. O actual rexedor da cidade, Abel Caballero, e os cidadáns que os dexesaron puideron asinar no libro de condolencias que se instalou no salón de plenos do Concello.

Manoel Soto faleceu aos 75 anos como consecuencia dun cancro de pulmón.

Fora un dos confundadores do PSdeG-PSOE na clandestinidade e rexeu a cidade de Vigo durante doce anos, entre 1979 e 1991. Nos primeiros mandatos, sen maioría, tivo que apostar polo diálogo para sacar adiante os seus proxectos. De feito, chegou a gobernar unha coalición de cinco partidos de esquerda. Na corporación chamábanlle "compañeiro Soto", ás veces con ironía.

Os vigueses recordarano como o home que derrubou o scalextrix e instalou as grandes esculturas, como o popular 'Sireno'. O seu peor recordo foi a dura época da reconversión naval. E un dos mellores, a 'movida viguesa', que se encargou de dar a coñecer e promover fóra.

Hoxe, os seu veciños choran a desaparición do alcalde que soñou cun Vigo mellor.




 

Noticias web

28/11/2019