CRTVG

Buscar

Loito no mundo do teatro e do audiovisual galego pola morte do actor Ernesto Chao

Publicado o 06/08/2018 13:22

• O seu último traballo para a TVG foi na serie 'Marisa calidade', aínda que en Galicia é recoñecido polo seu papel de Miro Pereira en 'Pratos Combinados'

O actor ribadaviense Ernesto Chao faleceu hoxe aos 74 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Nado en Ribadavia en 1943, Chao estaba ingresado no CHUS cando faleceu e o seu corpo será velado no tanatorio compostelano de Boisaca. 

Tivo unha dilatada traxectoria vinculada á actuación, que comezou no mundo do teatro na década de 1960 e estendeuse á televisión durante anos. En Galicia protagonizou desde 1995 ata 2006 a serie da Televisión de Galicia "Pratos Combinados", no papel de Miro Pereira. 

Ao longo da súa carreira, dirixiu o Centro Dramático Galego e participou en numerosas películas, series de televisión e obras teatrais, ademais de xestionar a compañía 'Lagarta, Lagarta' entre 2001 e 2012, cando pechou por dificultades económicas. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2018