CRTVG

Buscar

Loito na literatura galega polo falecemento de Xabier P. Docampo

Publicado o 27/06/2018 15:10

Día de loito no mundo da cultura pola morte de Xabier Docampo. O escritor de Rábade é un dos autores máis vendidos en lingua galega e unha figura de referencia na literatura infantil e xuvenil tanto dentro coma fóra de Galicia.

"Eu son dun pais que amence cada día agochado na brétema, parece ocultarse dos estranos que o procuran na mañá..." Xavier Docampo, atribuía a súa vocación literaria ás mil historias que de pequeno escoitaba en Rábade, que dicía que lle trasmitiran a forma de ver o mundo propia deste país, e as suas lecturas de rapaz. " Ler é esencialmente encontrar no libro o que di de ti. Os libros falan de nós", dicía o escritor nunha entrevista do programa Zig Zag.

En 1995 gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por 'Cando petan na porta pola noite'. E tivo tamén un gran recoñecemento a nivel internacional como renovador das historias para os lectores máis novos. A súa primeira obra publicada, 'O misterio das badaladas', foi durante moitos anos o libro máis vendido en galego. E a última, 'A nena do abrigo de astracán', foi recoñecida como a mellor do 2017 na Gala do Libro Galego.

"Os rapaces parece que cambian moito, pero cambian moi pouco, o que cambia son as cousas que os rapaces teñen", dicía Docampo.  Amais de escribir, foi actor de teatro, guionista e promotor cultural e tamén un mestre comprometido coa renovación pedagóxica desde Nova Escola Galega. "...A ver como segue o conto..."

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/06/2018