CRTVG

Buscar

Loito na escena galega pola morte de Xan Cejudo

Publicado o 27/09/2018 21:43

A escena galega está de loito. Faleceu o actor, autor e director Xan Cejudo. Desenvolveu a maior parte da súa carreira no teatro, pero tamén será lembrado pola súa participación en series producidas pola Tevisión de Galicia, e como actor e guionista de varias longametraxes.

Madrileño de nacemento e galego por elección, a súa traxectoria profesional comezou a mediados dos anos 60 co grupo 'O Facho'. Este ano traballou con Tosar no filme 'Quen a ferro mata'. 

Xan Cejudo morreu atragoado mentres comía. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2018