CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Lois Tobío, galeguista e diplomático, morreu hai 15 anos

Publicado o 13/03/2018 17:18

"Algunha vez fun á tertulia que tiñan con Vilar e Castelao, e lembro que Castelao diciame: "Este é realmente extraordinario polo moito que sabe e polo moito que sente."

Así lembraba Lois Tobio no ano 88 o que lle dixera Castelao sobre Otero Pedrayo nunha tertulia do Grupo Nós alá polos anos 20. Sendo estudante de Dereito en Santiago Lois Tobio foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos e redactor do anteproxecto do Estatuto de Autonomia da II Republica.

Unha vez rematados os estudos ingresa na carreira diplomática. Pero o golpe militar do 36 acabou coa súa carreira, co República, co Estatuto, coas tertulias e con varios dos que participaban nelas.Tobío, como tantos outros, tivo que exiliarse, pasando por varios países e cidades: Nova York, Cuba, México e finalmente O Uruguai.

En Montevideo empeza a traballar como xornalista no diario 'El Día' e rapidamente entra en contacto cos demais exiliados galeguistas. En 1945 crean o Consello de Galiza baixo a presidencia de Castelao. Foi tamén un dos organizadores do primeiro Consello da Emigración. Desde o exilio, participou na redacion da Historia de Galicia dirixida por Otero Pedrayo.

En 1963 regresou a España e en 1974 foi readmitido na carreira diplomática. Foi autor dun libro de memorias, de varios ensaios sobre o Conde de Gondomar e de traducións de poetas e escritores ingleses e alemáns. Na última etapa da sua vida recibiu numerosos premios en Galicia como o Pedrón de Ouro ou o Otero Pedraio. Foi correspondente da Real Academia Galega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

13/03/2018