CRTVG

Buscar

Loira propón unha candidatura de integración para o Deportivo

Publicado o 07/05/2019 17:25

Paco Zas apúntase á carreira pola presidencia e Xesús Martínez convida a unha integración de todos os candidatos. Declaracións a Televisión de Galicia esta mañá.

Xesús Martínez Loira aposta pola unión de todos os deportivistas. E está disposto a reunir na súa candidatura todos aqueles que teñen a intención de substituír a Tino Fernández.

"Espero competencia, pero chamarei un a un todos os que se vaian presentando para ofrecerlles integrarse no noso proxecto. Cremos que se pode facer un proxecto de integración porque son tan deportivistas coma nós. Quero falar de unión, de fútbol e de manter un rigor económico, xurídico e técnico. E de escoitar á afección. Se todos falamos diso, ímonos entender. Para o deportivismo sería perfecto. Non sei se é posible pero coido que, a día de hoxe, é unha posibilidade real".

 

Noticias web

07/05/2019